BNG e Confrarías, con preocupación pola situación en San Fins

12 Febreiro 2022

A deputada do BNG Rosana Pérez mantivo unha reunión coas máximas autoridades das confrarías de Noia e Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño. Na xuntanza tamén estiveron presentes representantes do BNG comarcal, así como a bióloga e o secretario do pósito noiés, Liliana Solís e Adelo Freire.
Coincidiron en sinalar que “a situación de incerteza polo futuro da actividade e a ausencia de restauración ambiental nas minas de San Fins deixa moita preocupación no sector e na sociedade”.
Cruz sinalou que se atopan “agardando polo resultado das alegacións ao proxecto de desaugue e posterior explotación das minas” e que “non dubidaran en levar a cabo as accións que sexan necesarias para defender o futuro da ría”. Gaciño, amosou o seu “total apoio” e do conxunto do seu pósito á confraría de Noia.
Pérez reafirmou unha vez máis que os nacionalistas “estaremos ao carón do sector marisqueiro” e anunciou novas iniciativas no Parlamento para interpelar ao goberno “polas continuas incoherencias no seu mensaxe”.
A Confraría de Noia avanza na innovación
Os proxectos innovadores da confraría de Noia tamén ocuparon unha parte importante da reunión. Desde o pósito noiés informaron á representación do BNG dos importantes pasos adiante que se están a dar neste ano.
A reapertura do criadeiro do Freixo, os avances na colaboración coa universidade en campos como o da certificación xenética do bivalvo ou a próxima reapertura dun laboratorio de biotoxinas e microbioloxía dotado de equipos de análise xenético foron algúns dos proxectos sobre os que se ocuparon as conversas.
Despois da reunión tanto a deputada como o resto de representantes nacionalistas visitaron as novas instalacións do laboratorio noiés. Á saída, Rosana Pérez expresou que “todo parece indicar que Noia ten a posibilidade de se afianzar como referente da innovación do sector marisqueiro e sería unha magoa que a irresponsabilidade da Administración en materias como a mineira ou nas carencias dos sistemas de saneamento estraguen este gran proxecto de futuro”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.