Barbanza-Arousa asina un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Alberto Romero

17 Febreiro 2022

Esta mañá o presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, Xosé Lois Piñeiro, e Santiago García, representante da Asociación Cultural Alberto Romero asinaron un convenio de colaboración co fin de colaborar, impulsar, difundir e promocionar as actividades creadas pola Asociación Cultural Alberto Romero.

A Asociación Cultural Alberto Romero ten como fin principal a promoción da cultura audiovisual a través do seu Certame de Curtas que celebra este ano a súa 6ª edición nos Concellos de Barbanza Arousa e que conta con moi boa acollida entre o público en xeral.

Dende Barbanza Arousa comprométense con este convenio a colaborar na realización do proxecto VI Certame Audiovisual Alberto Romero de curtas no que participan nenas/os desde primaria ata rapazas/es de Bacharelato, ademais de contar cunha categoría para usuarias/os dos Centros de Diversidade Funcional e outra categoría libre aberta a todos aqueles que queiran participar. Este Certame terá lugar este sábado 19 de febreiro no teatro Elma na Pobra do Caramiñal e contará con 4 premios nas diferentes categorías, de 300 euros cada un.

De forma paralela ao certame realízanse formacións anuais nos catro concellos de como realizar unha curtametraxe.

Con este acordo, a entidade supramunicipal, continua co seu plan de traballo no que é importante contar con profesionais, entidades e asociacións culturais que traballan xa no territorio, apostando así por unha implicación de proxectos culturais cos que consolidar unha proposta de turismo creativo.

Exif_JPEG_420

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...