Aumentan até 44 as axudas a escolares de Dodro para a adquisición de equipos informáticos

16 Febreiro 2022

O Concello de Dodro aprobou a concesión de 44 axudas á escolaridade e equipos informáticos para este curso 2021/22. O investimento é de 11.188,87 €. O concelleiro de Servizos Sociais e Benestar, Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG), recoñeceu estar satisfeito co camiño emprendido neste mandato que agradece á poboación en xeral: “A boa acollida do incremento das achegas fronte ao anterior mandato inclúen, coma na pasada edición, axuda para gastos de dispositivos electrónicos”, explicou, engadindo que “coas actuais bases adoptadas houbo así un total de 25 familias de Dodro, con menores escolares ao seu cargo, aos que se lles conceden estas achegas compatíbeis con outras axudas xa establecidas”.

Este ano, ademais, a Área de Servizos Sociais e Benestar elaborou outras bases de axudas para combater as consecuencias da pandemia. Fíxoo grazas á achega do POS Adicional da Deputación da Coruña e con axudas destinadas para adquisición de equipos informáticos. Beneficiaron a 19 estudantes do concello de Dodro que cumpriron coas bases desta convocatoria extraordinaria. Todas estas subvencións fixéronse xa efectivas.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.