“Aguantar no mar” – Antón Luaces

22 Febreiro 2022

Esta medianoite e con máis de 12 horas de atraso e após algo máis de cinco horas de voo, terán chegado ao aeroporto militar de Lavacolla, en Santiago (a bordo do avión Airbus A-400 do Exército do Aire español), cinco dos nove tripulantes mortos (os outros catro son cidadáns peruanos que serán trasladados ao seu país) e os tres sobreviventes -o patrón, un sobriño deste e un mariñeiro natural de Ghana-  do naufraxio do conxelador “Villa de Pitanxo”, con base en Marín. Tal atraso está xustificado polos trámites administrativos de Canadá.  

Mentres tanto, en Santiago de Compostela, familiares dos doce mariñeiros desaparecidos no devandito naufraxio tiñan previsto entrevistarse esta noite co presidente do Goberno español, o ministro de Pesca e representacións en Galicia do goberno. Son familiares que seguen a reclamar que Canadá reanude a busca dos desaparecidos ou ben que España envíe a Terranova medios que permitan un rastrexo que cada vez se fai menos doado: por unha banda, polas malas condicións climatolóxicas e, pola outra e no caso de que, efectivamente, os corpos cheguen a aboiar, que non é posible establecer onde poden facelo debido ás fortes correntadas que se rexistran decote nesa ampla zona de Terranova marcada fortemente pola Corrente do Golfo que baña toda a costa atlántica. O Goberno español comprometeuse días pasados na busca dos mariñeiros, considerando que Canadá sería consecuente co tamén seu compromiso de o facer en canto o tempo mellorase. Polo de agora, sen resposta positiva.

Polo menos tres buques galegos seguen a pescar no caladoiro de Terranova. Os tres están en preaviso para o caso de que, unha semana despois do acontecido, algúns corpos puideran aparecer na zona na que faenan para recuperalos. Entre os profesionais do mar que botaron dez ou máis anos pescando en Terranova non existe moita confianza en que ese rastrexo, se o fan, dea resultado. Malia todo entenden e apoian que España e Canadá traballen conxuntamente  na procura deses doce homes desaparecidos no naufraxio. Unha traxedia que puido nacer nunha desgraciada manobra: segundo Pesquerías Nores, que cita ao patrón do buque sinistrado, Juan Padín, unha virada do copo do aparello  do “Villa de Pitanxo” cadrou cunha parada no motor principal do buque. Deste xeito o barco quedou sen propulsión e, consecuentemente, sen goberno, e escorou no medio de ondas de ata cinco metros de altura e vento de forza 8 (máis de 40 nós). O barco afundiu rapidamente, tal e como xa temos comentado neste xornal, e, como asimesmo dixemos aquí, a tripulación non tivo tempo abondo para reaccionar debidamente.  Deste xeito, 21 dos 24 tripulantes do “Villa de Pitanxo” perderon as súas vidas nas xélidas augas dun caladoiro que, circunstancias da vida, está vencellado a Galicia desde vai máis dun século: Terranova. 

Todo o dito deberá ser ratificado pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), cuxos membros recollerán no seu momento o que os sobreviventes digan e establecerán causas e efectos que, arestora, manexan tamén veteranos mariñeiros galegos naquelas augas para os que, respectando o informado pola casa armadora do buque, coidan que é moi factible que un golpe de mar entrara pola rampla e desestabilizara o barco, dando por feito que a porta do pantano estivera pechada, porta que só se abre cando o copo xa está no barco, e se da este avante pode romperse o copo e perder o lance. Dun ou doutro xeito, os comentarios xiran arredor do por que agora non se respectan normas que antes eran asumidas por todos os mariñeiros: navegar á capa con mal tempo e, de non ser así, buscar refuxio (entrar de arribada) ao porto máis perto deles.      

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.