A Xunta actualizará cada día e en cada zona climática información sobre o índice de risco diario de incendio

27 Febreiro 2022


As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural asinaron un acordo de colaboración para actualizar o sistema de información e predición meteorolóxica previo ao eventual rexistro de lumes forestais.

Nunha nota de prensa, explicaron que o IRDI é unha ferramenta “fundamental” para a “planificación” que se emprega para “concretar o risco de ocorrencia dun incendio forestal, determinar as zonas de perigo”, así como para “axudar a tomar decisións previas ao eventual rexistro de lumes forestais”.

O Goberno galego considera necesario garantir “24 horas, 7 días á semana” a dispoñibilidade desta información, que se incorporará a unha escala horaria: cada 3 horas e cun horizonte de 48 horas.

A Consellería de Medio Ambiente, a través de Meteogalicia, achegará “datos sobre a previsión de precipitacións, temperatura –máxima e mínima–, humidade relativa –máxima e mínima–, nebulosidade, velocidade e dirección de vento local e de vento dominante, e probabilidade de tormenta”.

Así, con estes datos, Medio Rural xerará diariamente, “tal e como viña facendo”, o índice de risco diario de incendios en base aos parámetros citados e outros relacionados con “a estabilidade do incendio, as predicións de lonxitude de chama, velocidade de propagación, intensidade lineal, calor e humidade do combustible morto”.

A Xunta afirmou que todos estes datos permitirán “mellorar a xestión de incendios, medios e persoal a nivel de distrito, provincial e central” e tamén se optimizarán os recursos dispoñibles, xa que, ao coñecer o posicionamento en tempo real (por GPS), faise “unha xestión máis eficiente dos recursos máis próximos a un incendio”.

Índice de risco diario de incendio forestal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.