A Xerencia Sanitaria confirma o inicio do servizo de Hospitalización a Domicilio en Rianxo a partir do 1 de marzo

25 Febreiro 2022

O Concello de Rianxo vén de informar de boas novas relacionadas coa petición da cidadanía rianxeira e do Consistorio para contar co servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) no termo municipal. Segundo explica o Goberno local, recibiuse por parte de Eloína Núñez, xerente a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza no SERGAS a confirmación do inicio do HADO en Rianxo a partir do 1 de marzo (un servizo cuxa implantación en Rianxo co inicio do ano 2022 fora acordada no Parlamento).

En palabras do alcalde Adolfo Muíños, “trátase dunha nova nova pola que se leva moito tempo traballando e moi especialmente por parte da sociedade civil rianxeira que iniciou unha campaña de recollida de sinaturas e diferentes actividades de mobilización”. O rexedor destaca que estas accións deron finalmente os seus froitos co impulso final dunha Hospitalización Domiciliaria “á que a partir de agora súmase tamén Rianxo”.

Ás mobilizacións da cidadanía (impulsadas a través do movemento veciñal HADO para Rianxo, HADO para todos) sumouse o PSdG, tal e como lembraron o pasado 24 de xaneiro a deputada Noa Díaz e a voceira socialista local Mari Carmen Figueira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.