Noa Díaz urxe á Xunta a que implante a Hospitalización a Domicilio en Rianxo no primeiro trimestre de 2022

24 Xaneiro 2022

A deputada socialista Noa Díaz estivo este luns 24 de xaneiro en Rianxo reivindicando a posta en marcha do servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) no concello ao longo do primeiro trimestre de ano, “tal e como se acordou no Parlamento de Galicia”. Díaz dixo que “non se pode consentir” que o SERGAS adíe a implantación deste servizo, “mantendo a discriminación ás persoas doentes do termo municipal e ás súas familias” máis alá do límite temporal marcado pola Cámara autonómica.

A visita ao concello rianxeiro (na que Díaz reuniuse coa voceira socialista local, Mari Carmen Figueira) complementouse coa achega no Parlamento dunha batería de iniciativas encamiñadas aos mesmos obxectivos.

Noa Díaz dixo que “a Comisión de Sanidade respaldou por unanimidade o pasado mes de decembro unha proposta socialista na que se marcaban os tres primeiros meses de 2022 como límite temporal para que o HADO chegase a toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza, incluíndo por fin ao concello de Rianxo”. A parlamentaria do PSdeG alertou “de que o SERGAS está a ampliar ese horizonte temporal nas respostas ás reclamacións que está suscitando a veciñanza do municipio individualmente a través da plataforma de queixas”.

Noa Díaz afirmou que “non se pode consentir que, xusto un mes despois de que se aprobase a proposta socialista por unanimidade, o SERGAS estea dicindo que a previsión é facelo no primeiro semestre”, e máis despois de terse comprometido a “facelo no primeiro trimestre”. Segundo dixo, “nin as persoas doentes de Rianxo nin as súas familias poden soportar máis tempo a discriminación asistencial, á que dende o grupo socialista non lle atopamos sentido nin dende logo ningunha motivación”.

A deputada socialista criticou o “prexuízo” que Servizo Galego de Saúde está a causar no concello, o que motivou, lembrou, a posta en marcha do movemento HADO para Rianxo, HADO para todos, co obxectivo de reclamar unha solución urxente a esta eiva asistencial. Porén, engadiu, “a situación é máis grave tendo en conta que o propio presidente da Xunta asegurou en 2019 asegurou que o HADO estaría implantado en todo o territorio galego en 2021”. Díaz recordou ademais que o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio fixaba 2023 “como data para chegar a toda a poboación galega, pero xa sobrepasado o ecuador do programa na actualidade existen diferenzas entre as áreas sanitarias do país”, dixo, engadindo que mentres algunhas xa teñen a implantación completa, na de Santiago e Barbanza limítase a unha área de 25 quilómetros da unidade, deixando fóra a Rianxo.

Outros artigos

Conta atrás para o inicio, no Araño, do Festival Hórreo Vivo

Comezou a conta atrás para o inicio da edición 2025 do Festival Hórreo Vivo, que se celebra no Araño da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo. Serán, en palabras da organización, "dúas xornadas con moito humor, xantar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.