“A ría de Arousa, cerne da primeira e única organización de mulleres do mar” – Antón Luaces

04 Febreiro 2022

Constituída en decembro de 2016 no eido da ría de Arousa, a inicialmente denominada “Asociación de Mulleres do Mar Arousa” pasou a ser máis recoñecida no ámbito marítimo-pesqueiro de Galicia como a asociación “Mulleres Salgadas”, nome co que veñen de superar as 1.700 mulleres integradas na entidade e que traballan maioritariamente na denominada acuicultura vertical, fundamentalmente en bateas de cultivo de mexillón.

A entidade non pecha as portas a ningunha muller que traballe en calquera dos múltiples oficios que neste eido existen. Máis é indubidable que a maior parte das inscritas e mesmo das que aportaron a súa iniciativa para a  creación da asociación, teñen vínculos co sector mexilloeiro.

“Mulleres Salgadas”, con sede en Vilanova de Arousa, asume o papel activo que representan as mulleres traballadoras do sector pesqueiro no que, a día de hoxe, prestan o seu servizo traballadoras no cultivo de mexillón (xa citadas), mariscadoras, redeiras, conserveiras, mariñeiras (poucas, xa que logo non son moitas as que realizan esta tarefa en Galicia), armadoras, etc. A asociación está integrada en ANMUPESCA (Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca) e de AKTEA (Rede Europea de Organizacións de Mulleres da Pesca) e a súa andaina permite albiscar un futuro inmediato de apoios e afiliación de mulleres que viven do seu traballo no devandito sector. En maio de 2021, a entidade formulou á Consellería do Mar a necesidade de crear un Observatorio do sector pesqueiro galego. O peso e as características específicas da pesca e as actividades acuícolas na Comunidade Autónoma fan pensar na necesidade dun observatorio formado por persoal técnico que estude, analice e estableza diagnósticos e medidas correctoras que contribúan a mellorar a situación das mulleres que traballan no mar ou en actividades con el relacionadas, prestando especial atención á escaseza de mulleres en postos de dirección deste sector fundamentalmente rexentado por homes.

A existencia neste momento de preto de 2.000 mulleres que dan pulo ás actividades de “Mulleres Salgadas”, é de agardar que, en pouco tempo, as circunstancias permitan que a asociación poida desenvolverse moito máis aló do que agora realiza. A aportación da muller ao sector pesqueiro, mexilloeiro e marisqueiro é transcendental desde  vai moitos anos. E a súa profesionalización, fundamental desde sempre pero, especialmente, a partir dos anos 70 cando a súa incorporación ao marisqueo marcou un antes e un despois tanto para a muller como para o propio sector marítimo-pesqueiro. Neste senso “Mulleres Salgadas” pode e debe xogar, tanto en ambas as marxes da ría de Arousa como en toda a costa galega.      

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.