A Pobra celebra con obradoiros STEM para a rapazada o Día da Muller e a Nena na Ciencia

03 Febreiro 2022

Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no 11 de febreiro, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organiza para a rapazada uns obradoiros STEAM (as siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas). A finalidade desta actividade é “dar maior visibilidade entre as crianzas aos roles das mulleres no sector das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) e motivar así as súas vocacións no eido tecnolóxico”.

Destinados a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, nestes talleres efectuarase a realización de circuítos eléctricos con materiais innovadores en tecnoloxía coma son os papeis, cintas adhesivas, rotuladores condutores, tecidos ou fío, “os cales permiten unha maior aplicación do pensamento creativo”, explican fontes da Concellería que dirixe a Charo Varela (Nós Pobra), engadindo que o obxectivo é “potenciar as competencias STEAM dun xeito máis inclusivo, facendo a tecnoloxía máis atractiva para as persoas e colaborando a combater a fenda de xénero nas ciencias dende a infancia”.

Os obradoiros desenvolveranse na aula de estudo situada no andar superior da Biblioteca Municipal da Pobra e establécense dous grupos: o primeiro comprende a cativas e cativos de 6 a 9 anos, en horario de 17.00 a 18.00 horas, e o outro vai dende os 9 aos 12 anos, dende as 18.30 ata as 19.30 horas.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Para tal fin habilítanse dúas vías: o teléfono de contacto 981 832 764, marcando a extensión 6, e o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...