A Pobra acolle unha nova cita de campo a través

07 Febreiro 2022

A contorna da praia da Lombiña converteranse neste 12 de febreiro en escenario dunha nova cita deportiva co Campionato Provincial de Campo a Través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)-, a Federación Galega de Atletismo (FGA), a Agrupación Deportiva Escolar As Rías e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Abrangue as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina, infantil e cadete e desenvolverase en horario de 11.00 a 13.30 horas, aproximadamente. Cada atleta deberá completar a distancia que lle corresponda segundo a modalidade. Entregaranse medallas aos/ás tres primeiros/as atletas clasificados/as individuais de cada categoría, así como trofeos ós tres primeiros equipos clasificados de cada unha e medallas aos/ás integrantes destes equipos.

Darase cumprimento ao protocolo establecido por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...