A axenda de febreiro de Boiro rende homenaxe a Rosalía e á cultura galega

09 Febreiro 2022

A axenda de espectáculos de Boiro para o que resta de febreiro será completa, diversa, controlada e, sobre todo, enriquecedora e creativa. Foi dada a coñecer este 9 de febreiro pola edil María Outeiral, quen engadiu outro punto en común das actividades do programa: enmárcanse, en maior ou menor medida, na celebración do Día de Rosalía, que se conmemora o 23 de febreiro.

No marco das actividades máis especificamente encamiñadas a celebrar o Día de Rosalía o persoal do departamento de Cultura elaborou un vídeo para difundir nas redes sociais coa lectura de poemas da autora.

Os días 22 e 23 de febreiro haberá teatro na Casa da Cultura para o alumando dos centros de ensino do municipio. O día 22 será a quenda do espectáculo Buscando a Rosalía de Raquel Queizás, para nenos e nenas de 5 e 6 anos; e o día 23 representarase A viaxe de Rosalía de Teatro Babaluba para nenos e nenas de 7 e 8 anos.

O día 23 de febreiro ás 20.30 horas no Centro Social de Boiro haberá unha mesa redonda coas autoras locais Charo Lópes e Natalia Carou sobre a autora de Cantares gallegos e a súa propia experiencia narrativa. Xunto coa Fundación Rosalía vaise organizar tamén a presentación da publicación Follas Novas, un volume que se publica anualmente adicado de xeito íntegro á autora, e tamén a plantación dunha figueira da horta de Rosalía. Amais, farase unha visita dende Boiro á que foi a súa residencia en Padrón e que hoxe funciona como museo e punto de información principal sobre o seu legado.

Ademais, o Concello de Boiro conta con actividades culturais para todo o mes de febreiro con representacións teatrais e obradoiros para nenos e nenas.

Ademais celébranse as seguintes actividades:

• Venres 11 de febrero, 18.30h – Biblioteca Municipal de Boiro. Actividade para menos/as Divirte-T.

• Venres 11 de febreiro, 20.00h – Casa da Cultura. Martín Camiña Feixes de ilusións.

• Venres 18 de febreiro, 20.00h – Casa da Cultura. Malasombra producións Os fabulosos cleaners.

• Sábado 19 de febreiro, 11.30h – Biblioteca Municipal de Boiro. Contacontos Deixame que che conte.

• Venres 25 de febreiro, 20.30 horas. Presentación do Premio Nacional de Narrativa Virtudes e Misterios de Xesús Fraga.

• Venres 25 de febreiro, 18.30h – Biblioteca Municipal de Boiro. Actividade para nenos e nenas Divirte-T.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...