Xornada clave para os equipos da comarca na Primeira Autonómica

29 Xaneiro 2022

Nova semana para os conxuntos da comarca na Primeira Autonómica. Chegado este tramo
da tempada, tódolos equipos se xogan algo.
Por un lado o Cidade de Ribeira visita ao Cruces, que ocupa o cuarto posto na táboa. Os de
Manuel Ángel veñen dun empate na casa sen goles fronte ao Praíña, polo que tentarán
recuperar a senda da vitoria fronte a un Cruces que vén de perder na casa do Taragoña. O
encontro terá lugar o domingo ás 16:15 horas no Municipal de Camballón.
Doutra banda, o Taragoña buscará entrar nunha boa dinámica de resultados fronte a un rival
directo como é o Val do Ulla. Os rianxeiros veñen de lograr seu primeiro triunfo na tempada
4-3 fronte ao Cruces. En caso de vencer, o Taragoña volvería a meterse na pomada e
collería folgos para a fase pola permanencia. O partido disputarase o domingo ás 17:00
horas no Campo do Coto.
O Unión, pola súa parte persegue manterse na parte alta da táboa, e lograr súa cuarta vitoria
consecutiva fronte ao colista, o Esclavitud. Os de Asados aínda non saben o que é non gañar
nesta segunda volta, e tentarán emular o arranque ligueiro no que só sabían sumar de 3. O
Campo Municipal de Vilas acollerá o partido a partir das 17:00 horas do domingo.
No Grupo da Costa, o Volantes de Baño recibirá ao segundo clasificado, ao Mazaricos. Os
muradáns son actualmente sextos na clasificación e veñen de dous tirunfos consecutivos. O
obxectivo non é outro que sacar os tres puntos na casa e comezar a achegarse aos postos
altos da táboa. Mañá sábado disputarase o encontro a partir das 16:15 horas no Eleuterio
Balayo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.