Un operario resulta ferido tras caerlle enriba un muro en Boiro

19 Xaneiro 2022

Un operario foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ata o centro hospitalario de referencia despois de caerlle enriba un muro mentres traballaba nunha gabia da rúa Cruceiro, no concello coruñés de Boiro.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada de alerta dunha persoa particular ás catro desta tarde. Durante a comunicación, o alertante solicitaba asistencia médica urxente para un traballador que quedou atrapado debaixo dun muro.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Boiro. Ademais, os Bombeiros de Ribeira foron informados do sucedido por se fose precisa a súa intervención.

Finalmente, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que o operario estaba liberado pero, aínda así, tiveron que intervir para axudar ao ferido. Así, o traballador foi evacuado en ambulancia ata o centro hospitalario.

Para prestar apoio aos servizos de emerxencia, avisouse tamén aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e á Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.