Trenor destaca en FITUR os tesouros naturais, históricos, marítimos e gastronómicos da ría de Muros e Noia

21 Xaneiro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na mañá deste venres 21 de xaneiro O Camiño Marítimo da ría Muros-Noia, dentro das presentacións da programación de Galicia, que se levaron a cabo na 42 edición de FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid.

O delegado territorial destacou que “a nosa comunidade recibiu 3,5 millóns de viaxeiros que fixeron case 8 millóns de noites e certificáronse preto de 180.000 compostelas. Estas cifras representan un 20% máis das compostelas que inicialmente estaban previstas”. Trenor subliñou que “superamos en 25 puntos o nivel medio de recuperación da demanda turística no conxunto do Estado en 2021”.

O representante do Goberno autonómico apuntou que “a mellor definición do xeodestino ría Muros-Noia sería unha Galicia en pequeno dentro dunha Galicia máis grande, porque este espazo ten todo para extractar nunha soa viaxe a esencia da nosa comunidade”, por exemplo praias espectaculares, paisaxes únicas, unha gran riqueza histórica chea de cultura e tradicións e unha excelente gastronomía. Todo isto, dixo, “fai que cada ano sexan máis os turistas que se animan a descubrir este espazo do sur da nosa provincia”.

Ademais, puxo en valor “a unidade dos concellos de Serra de Outes, Lousame, Porto do Son, Noia e Muros para acadar obxectivos comúns como a promoción turística”. “Sodes un exemplo a seguir”, afirmou.

Trenor rematou a súa intervención subliñando que “a colaboración entre administracións e o sector turístico sitúanos no camiño correcto para fortalecer a marca turística do Barbanza como unha parte esencial da marca Destino Galicia e froito dese esforzo a demanda turística deste territorio crece cada ano”. Ademais, apuntou que “para lograr este obxectivo o xeodestino da ría Muros-Noia conta coa Xunta de Galicia”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.