Dodro organiza este xoves unha charla para axudar á poboación a gozar dun uso seguro de Internet e as redes sociais

25 Xaneiro 2022

Ao abeiro da súa liña de traballo a prol de mellorar a calidade de vida da veciñanza (a través de diversos programas e servizos de atención), Servizos Sociais e Benestar do Concello Dodro, organiza este xoves 27 de xaneiro unha charla directamente encamiñada a axudar á cidadanía a facer o mellor uso posíbel das novas ferramentas de comunicación e información. A actividade Internet e redes sociais: alertas, riscos e perigos celébrase este xoves ás 19.00 horas.

Foi presentada polo concelleiro Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG), que encadra a charla nos obxectivos de “ofrecer a toda a poboación información, divulgación e posíbeis respostas que teñen que ver coa saúde, seguridade e en definitiva co benestar en xeral que a xente necesita e demanda.”

Actividades precedentes

A primeira intervención desta tempada das organizadas pola día área municipal foi a presentación de Andaina Pro Saúde Mental, entidade afincada en Dodro e Ordes e formada por profesionais con longa experiencia no ámbito da saúde mental na comarca de Santiago, que desenvolve programas de información, asesoramento, formación pre laboral e outras actividades de éxito. Na segunda actividade, a Andaina deu a coñecer o Programa integral para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio nas comarcas de Ordes e Ulla-Sar entre outras actividades que desenvolve.

A cita deste xoves abéirase aos obxectivos do Concello de traballar na seguridade cidadá para persoas máis vulnerábeis, de feito cómpre lembrar que o departamento de Servizos Sociais e Benestar de Dodro foi dos primeiros en alertar no verán ante os posíbeis fraudes que se dan en domicilios, por teléfono ou a través de Internet. Nesta liña de formar e informar á poboación, o xoves 27 de xaneiro ás 19:00 horas celébrase a charla Internet e RR SS: alertas, riscos e perigos. Contarase con persoal da Garda Civil formado neste tipo de temas. A charla está dirixida a persoas de calquera franxa de idade.

Tamén están previstas máis actividades de semellante índole, achegadas por persoal especializado, en prevención de accidentes en vías públicas entre outras. Todas estas charlas desenvólvense no local municipal do Centro de Día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.