“Sélo e parecelo”. Antón Luaces

08 Xaneiro 2022

​

De “activista antipesqueiro” cualifican ao comisario de Pesca, Océanos e Medio Ambente, Virginijus Sinkevicius, os integrantes da Federación Andaluza de Asociacións Pesqueiras (FAAPE) polo seu posicionamento público contrario á pesca de arrastre.
Nun escrito remitido ao máximo representante pesqueiro da UE,  a citada Federación súmase á denuncia que, días antes, presentara a organización pesqueira internacional Europêche que preside o andaluz Javier Garat, após a participación de Sinkevicius nun acto organizado (como xa se informou aquí) por unha organización non  gobernamental na que se solicitada a eliminación da pesca de arrastre, actividade que a FAAPE lembra “é legal e cumpre coa normativa”. Igualmente traslada ao comisario que a pesca de arrastre “mantén o mercado actual do peixe fresco nas comunidades costeiras, un terzo de buques europeos e un terzo do volume de especies pesqueiras”. Denuncia amáis a Federación  a intención da Comisión de eliminar esta tradicional actividade económica e os postos de traballo no Mediterráneo subliñando que as decisións e actuacións do comisario “son proba delo”.

No escrito, a FAAPE salienta que “desde o sector pesqueiro que vostede NON representa, e como ven de confirmar cos seus actos públicos recentes, debemos expresarlle a nosa reprobación”, engadindo que “a única competencia en política pesqueira europea ven encabezada por vostede, un activista antipesqueiro sen pudor de amosar en público o seu desexo de destruir a pesca de arrastre e a cultura mediterránea”. Lembran a Sinkevicius que, amáis de comisario de Océanos e Medio Ambente, é tamén comisario de Pesca, polo que “como dí a frase romana, a muller do César amáis de selo debe parecelo” e vostede niso non cumpre”.

Unha dura mensaxe pecha o comunicado da federación andaluza: “Vostede pasará sen pena nen groria como comisario nuns anos; seguramente agárdalle dempois un alto cargo nalgunha fundación ecoloxista ou medioambientalista, como á súa predecesora Damanakis. Esas portas xiratorias tan ben postas en Bruxelas.. Pero nós, os pescadores, seguiremos a aportar á sociedade ese produto saudable tan necesario: o peixe e o marisco de fondo, capturado con pesca de arrastre. Así que non nos poderá destruir malia os seus desexos”. Tamén en Galicia, a Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) criticou, a través de Torcuato Teixeira Valoria a actuación do comisario europeo de Pesca, que non consideran axeitada ao cargo e, moito menos, responsable dadas as peculiaridades da pesca de arrastre e o labor que esta desenvolve nos mares comunitarios.

Certamente, semella que nos últimos tempos os designados para desempeñar funcións de responsabilidade en materia de pesca no seo da UE, non chegan a entender e asumir que a Comisión de Pesca non é unha ONG nen debe exercer coma un lobby pesqueiro, o que non quere dicir, obviamente, que deba defender sen nengún tipo de reservas os plans das empresas pesqueiras. Pero deberían esforzarse en entender o papel das diversas artes de pesca imperantes en Europa e entender o que estas significan non só para as empresas da pesca senon tamén para a sociedade e comprender esa economía social non sempre ben entendida e en demasiadas ocasións criticada (a veces sen fundamento).

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.