A remodelación do bordo portuario de Porto do Son encara os seus últimos pasos tras un investimento de 4 millóns

03 Xaneiro 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo na mañá deste luns 3 de xaneiro en Porto do Son, visitando o porto da vila, onde a Xunta está a ultimar os traballos de remodelación integral da contorna co obxectivo de “favorecer a integración do peirao na vila facilitando o labor dos usuarios e facendo a zona máis atractiva para os veciños e visitantes”, explicou, engadindo que as obras de Portos de Galicia supoñen un investimento de catro millóns de euros.

A titular de Mar, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, fixo saber que as actuacións atópanse neste intre “na súa fase final” e que “afectan a unha superficie total de 26.000 metros cadrados ao longo de toda a franxa marítima da localidade”.

O obxectivo principal, engadiu, é “humanizar o bordo portuario e abrir o concello ao mar, de xeito que se habiliten amplas zonas para o desfrute dos veciños ao tempo que se facilita o traballo dos usuarios do porto”.

Quintana debullou máis polo miúdo a natureza dos traballos desenvolvidos, e dixo que estes inclúen “a creación de varias zonas de integración porto-cidade, a reorganización do viario -cun novo trazado e novos materiais de execución- e a creación dun edificio de servizos náuticos e portuarios nas inmediacións do dique, ao que cómpre engadir, no capítulo de humanización, a actual realización de actuacións ornamentais como a plantación de árbores”.

A conselleira do Mar destacou que “a remodelación do bordo portuario supón un cambio moi importante no aspecto da localidade pois todas as rúas que cruzan a vila cara ao porto remataranse en pavimento de pedra integrándoas co propio espazo portuario, engadíndose unha rotonda elevada en pedra á que se trasladará o emblemático hórreo de Porto do Son”.

Rosa Quintana salientou que as obras manterán a “esencia de Porto do Son” ao conservar os sinais patrimoniais e de identidade ao tempo que se converterá nunha vila máis humana e accesíbel.

A titular de Mar lembrou ademais que os traballos no bordo portuario desta localidade coruñesa buscan tamén contribuír a xerar emprego e riqueza na súa contorna pois permiten mellorar os servizos aos usuarios e incrementan o interese e o atractivo turístico de Porto do Son.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.