Retómase a segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre na Pobra

25 Xaneiro 2022

O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, albergará no 29 de xaneiro a segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre, despois de que a mediados do mes de decembro fose preciso adiala debido á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

Dáselle así continuidade a estas probas organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, cuxa primeira xornada tivo lugar a finais do mes de novembro.

Esta cita deportiva comprende as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina e infantil. A xornada do 29 de xaneiro está prevista que transcorra en horario de 10.00 a 14.00 horas e reunirá as probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura e salto triplo.

Seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.