Remata a comarca con mil parados menos no 2021

04 Xaneiro 2022

Barbanza pechou o ano 2021 cun milleiro de persoas menos en situación de desemprego que hai un ano.
Os datos facilitados pola Consellería de Emprego e Igualdade confirmaron que no que respecta a Barbanza, o pasado ano pechouse con 5.477 parados, mentres que o 2020 fíxoo con 6.570, p que supón preto de 1.100 parados menos.

A caída na cifra de desempregados foi xeneralizada e a máis acusada produciuse en Ribeira, con 248 menos. Tamén en Noia a diferenza superou os douscentos (203) e en municipios como Rianxo, A Pobra e Muros estivo en torno ao centenar, en Boiro había 1.179 veciños sen traballo ao finalizar o 2020 e este pasado ano foron 954.

Na comparación intermensual, decembro sae perdendo con respecto a novembro, xa que no penúltimo mes do 2021 o número de parados era de 5.243 (363 menos), aínda que debido aos ciclos de actividade de empresas importantes na comarca, que moven un gran volume de traballadores, non é estraño que o dato aumente neste período do ano, a propósito de que, previsiblemente, volverá diminuír cando se publiquen os datos relativos ao mes de xaneiro.

O sector servizos é o que aglutina á maioría de desempregados en Barbanza. As 3.764 persoas sen traballo ligadas a esta actividade económica supoñen un 67 % do total, algo habitual en pandemia, xa que é a máis afectada polas restricións que impoñen as autoridades para tentar conter a transmisión do virus. Na lista séguenlle a industria, con 808 desempregados; a construción, con 434; agricultura e pesca, con 265, e sen emprego anterior, que supoñen 335 barbanceses.

Un dos aspectos que non cambian é a maior porcentaxe de paro feminino. De feito, practicamente seis de cada dez veciños que están á espera de acceder ao mercado laboral son mulleres, un total de 3.355 na comarca.

DATOS DECEMBRO 2021: Ribeira hai 1.439 parados; Boiro, 954; Rianxo, 622; Noia, 621; A Pobra, 467; Muros, 414; Porto do Son, 379; Outes, 245; Lousame, 136 e Carnota, 200.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.