“Presións” – Xulio Xiz

20 Xaneiro 2022

As corporacións locais, autónomas no seu funcionamento, deben contar con determinados funcionarios de corpos nacionais -os secretarios, nos concellos pequenos, con outros especialistas nos grandes- que garantan a medición dos administrados polo mesmo raseiro administrativo.

Houbo críticas ao “café para todos” na regulación das autonomías, sometidas á lexislación común, por estimar que as históricas – Cataluña, País Vasco e Galicia- deberían gozar dun status diferente, pero para aquel inicio houbo acordo, agardando novos tempos e circunstancias. As autonomías conseguiron avances segundo acreditaban capacidades de goberno ou de presión, pero nos últimos tempos pola necesidade de apoios que o goberno ten nótanse máis estes avances, con perigo de desigualdade de trato.

É preocupante saber que no País Vasco os funcionarios de acreditación nacional pasan a depender do goberno autónomo, co que o control igualitario dos temas da administración local ten agora unha excepción. Sería correcto se fose produto dunha reorganizacion ou achegamento á realidade autonómica e se o resto das autonomías puidese recibir esa competencia en igualdade de circunstancias. Pero a cesión responde á presión do PNV, a cambio do voto afirmativo en xa non sabemos que asunto dos moitos nos que o goberno precisa axuda.

Cousas da política, pensamos na primeira lectura, pero en posteriores cavilacións nótanse graves desigualdades que responden a intereses locais ou de partido, comprobando o bo resultado que lle da a algúns presionar cos seus votos. Que isto é o usual, o que os tempos precisan? Pois que tempos tan pobres nos toca vivir!

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.