Portos prepara dragaxes nunha decena de peiraos da nosa comarca

21 Xaneiro 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, fixo balance dos traballos realizados dende o ano 2000 nas contornas portuarias para incrementar o calado e a seguridade. En total, realizou un total de 57 obras de dragaxe e estuda preto doutras 40 co obxectivo de mellorar a operatividade dos peiraos autonómicos. Entre as que están en vías de materializarse atópanse as obras da Pobra do Caramiñal, Aguiño, Cabo de Cruz, Escarabote, Porto do Son, Palmeira, Portosín, Rianxo ou Testal.

Estas obras para extraer area e outros materiais dos fondos mariños teñen como finalidade que os portos gañen calado. Desde o ano 2000, trala entrada en vigor da prohibición de explotación mercantil da area das dragaxes, Portos de Galicia asumiu todas as tarefas de planificación, tramitación e execución destas actuacións. A entidade dependente da Consellería do Mar fixo saber que o volume de area extraída coa execución deses proxectos ascende a 1,3 millóns de metros cúbicos, o que equivale a case 200 campos de fútbol cun espesor medio de dragaxe dun metro.

Na maioría dos casos trátase de dragaxes de pequena entidade xa que, agás as efectuadas en portos como os de Ribadeo, Burela ou Brens (Cee), que superan os 100.000 metros cúbicos extraídos, adoitan estar comprendidas entre os 3.000 e os 25.000 metros cúbicos cada unha. En canto ao destino deses áridos, máis do 54% foron empregados para outras tarefas -uso en obras portuarias e rexeneración de praias ou bancos marisqueiros- mentres que o 46% restante foi depositado nos puntos autorizados con ese obxecto.

O informe tamén recolle que na actualidade Portos de Galicia ten en execución dúas dragaxes, as de Laxe e Carril, mentres que outros 38 portos precisan actuacións deste tipo. No caso dos de Ribadeo e Cariño xa se está coa tramitación ambiental mentres que se traballa na planificación previa nos casos da Pobra, Aguiño, Aguete, Arcade, Ares, Barallobre, Burela, Camelle, Cesantes, Combarro, Camariñas, Cabo de Cruz, Cedeira, Corcubión, Escarabote, Espasante, Fisterra, Foz, Lorbé, Malpica, Miño, Moaña, Ortigueira, Pedras Negras, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Meloxo, O Barqueiro, Palmeira, Portosín, Rianxo, Sada, Santo Tomé, Testal e Tragove.

Ademais, o documento subliña que hai 16 portos autonómicos que teñen necesidades periódicas de dragaxe, cunha frecuencia de arredor de 10 anos. Son Ribadeo, Foz, Burela, Ortigueira, O Barqueiro, Ares, Miño, Laxe, Muxía, Testal, Rianxo, Bueu, Cesantes, A Pasaxe, Espasante e Cariño.

O porto do Palmeira

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...