Outes acolle a exposición “Galiza, un pobo unha selección”

31 Xaneiro 2022

O próximo sábado 5 de febrero, na Casa da Cultura de Outes, ás 12 da mediodía a
ACC Terra de Outes inaugurará a exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” que a
plataforma Vía Galega elaborou como parte da campaña na que pretende reclamar
selección galegas en todos os deportes, con dereito a participar a nivel oficial e 
internacional, así como que os e as nosas  deportistas podan competir baixo a
bandeira galega e exhibila cando soben ao podio, sen esquecer a necesidade de
galeguizar o deporte
A continuación, no salón de actos proxectarase un documental coa participación de
diversas personalidades relevantes e representativas do deporte galego no que verten
a súa opinión sobre o dereito, o interese e a necesidade de poder competir
representando a Galicia oficialmente en todas as disciplinas deportivas.
No acto intervirán: Anxo Louzao, coordinador da campaña, Jano Sanmartín,
seleccionador galego de futbol gaélico e Xoán Mariño, presidente da asociación
organizadora.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.