Os xogadores do Boiro Voleibol reivindican a alimentación saudábel en tres colexios de Boiro

14 Xaneiro 2022

Miguel Álvarez.- O nutricionista Eloy Figueira Rial, fundador da iniciativa Sana El Hoy, e membros do primeiro equipo do Rotogal Boiro Voleibol visitaron esta semana o CEIP Praia Xardín, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro e o CEIP Santa María do Castro. Nestes centros falaron sobre a importancia de alimentarse de maneira sa.

O nutricionista estivo acompañado o mércores polo adestrador Marcelo Benavídez no CEIP Praia Xardín de Boiro; o xoves por Marcelo Benavídez, Felipe Benavídez e Renan Levandoski no CEIP Pluriligüe de Abanqueiro; e o venres por Jose García e Marcelo Benavídez no CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz.

O proxecto Sana El Hoy está dirixido fundamentalmente aos escolares de Primaria, xa que esa é a franxa de idade na que resulta máis sinxelo crear uns hábitos que poidan implantarse e seguirse durante toda a vida. Os obxectivos desta iniciativa son comprometer aos alumnos coa saúde e fomentar unha alimentación saudábel e sustentábel tanto coas persoas como co planeta.

Tamén pretende promover a autonomía alimentaria desde a idade escolar, pór en valor os produtos de proximidade e corrixir a tendencia ascendente da obesidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.