Os xogadores do Boiro Voleibol promoven hábitos alimentarios saudábeis en Padrón

27 Xaneiro 2022

Miguel Álvarez.- O nutricionista Eloy Figueira Rial, fundador de Sana El Hoy; acompañado por Marcelo
Benavídez e Ismael Martínez, adestrador e xogador do Rotogal Boiro Voleibol, respectivamente; acudiron este mércores 26 de xaneiro ao CEIP Flavia de Padrón para falar sobre a importancia de implantar uns hábitos alimenticios saudábeis.

Durante a visita, os alumnos puideron practicar voleibol xunto aos dous integrantes do equipo que milita na Superliga Masculina, a máxima categoría de ámbito nacional.

O proxecto Sana El Hoy está dirixido fundamentalmente aos escolares de Primaria, xa que esa é a franxa de idade na que resulta máis sinxelo crear uns hábitos que poidan implantarse e seguirse durante toda a vida. Os obxectivos desta iniciativa son comprometer aos alumnos coa saúde e fomentar unha alimentación saudábel e sustentábel tanto coas persoas como co planeta.

Tamén pretende promover a autonomía alimentaria desde a idade escolar, pór en valor os produtos de proximidade e corrixir a tendencia ascendente da obesidade.

Sana El Hoy e Boiro Voleibol visitan este xoves 27 o Colexio Público de Santa Baia de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.