Posible corte no abastecemento de auga na Mámoa, en Ribeira, este martes pola tarde

31 Xaneiro 2022

Con motivo das obras de renovación da liña xeral de abastecemento que se están executando no lugar da Mámoa, o Concello de Ribeira advertiu de que este martes 1 de febreiro, de 15 a 20 horas, está programada a realización de traballos que poden afectar ao subministro nos lugares da Mámoa, Laxes e entre Aldea e Poi en Castiñeiras.

Neste senso, o Concello advirte da posibilidade de que os veciños noten “unha menor presión de auga”, podéndose chegar a interromper puntualmente o subministro nas zonas altas da área afectada.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...