Os socialistas vigueses volven esixir á Xunta que retire a candidatura de Illas Atlánticas, entre eles Sálvora e Cortegada, a Patrimonio da Humanidade

26 Xaneiro 2022
O PP tacha de ‘ fake’ a proposta municipal, que “non presentou nin un só papel” #ante a Unesco

O pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores unha moción do grupo de goberno na que esixe á Xunta que retire a candidatura do Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio de Humanidade da Unesco, e que apoie a candidatura que defende o goberno municipal, para que só as Illas Cíes reciban ese recoñecemento.

A concelleira socialista Yolanda Aguiar defendeu que o Concello olívico leva “máis de 7 anos traballando” na candidatura municipal, que conta con estudos previos, accións divulgativas, o aval de investigadores e expertos do ámbito socioeconómico, e respaldo da cidade.

Esta iniciativa, criticou, foi “boicoteada” pola Xunta de Galicia que, en 2016, presentou “con nocturnidade e aleivosía” unha candidatura para a totalidade do Parque Nacional Illas Atlánticas, coa única intención de “confrontar con Vigo e boicotear a súa candidatura”.

Ao respecto, a edila socialista denuciou que a actuación do goberno galego limitouse a presentar un informe de 7 páxinas ” vergonzo”, cheo de ” inconcreciones, erros, faltas de ortografía e de gramática, nun inglés do Google Translator, e sen consenso, feito de costas á cidade”.

A concelleira vaticinou que a proposta da Xunta “non conseguirá o nomeamento” porque a inclusión de todos os arquipélagos do Parque Nacional non cumpre os requisitos que pide a Unesco.

“CANDIDATURA FAKE”
A moción do grupo de goberno local saíu adiante cos únicos votos favorables do PSOE, mentres que BNG e Marea de Vigo abstivéronse, o PP votou en contra, alegando que “o Concello non presentou nin un só papel” para formalizar a súa candidatura.

Así o trasladou no pleno o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, quen subliñou que a Xunta non pode prexudicar a candidatura de Vigo porque dita candidatura “non existe”. “Esta é unha moción ‘ fake’ por unha candidatura ‘ fake'”, proclamou xa que a proposta municipal, que “non presentou nin un só papel” ante a Unesco

Mentres, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, preguntou “cal foi a xestión” que o Concello fixo ante a Unesco para promover a súa candidatura, e advertiu de que o organismo internacional atenderá aquela opción que contempla “máis conservación”. Para Pérez Correa, ambas as candidaturas nacen “mortas” e así o apreciará a Unesco “cando vexa o sainete” entre ambas as administracións e a falta de consenso.

Pola súa banda, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentou o “espectáculo bochornoso” da “competición infantil” emprendida por Concello e Xunta contorna á declaración de Patrimonio da Humanidade. Así mesmo, preguntou “para que” se busca ese recoñecemento e engadiu que o BNG o apoiará se é para reforzar a protección e conservación das illas, pero non se se trata de reducir o arquipélago “a un novo parque temático turístico na obsesión do alcalde por atraer a millóns e millóns de visitantes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.