Os socialistas de Ribeira propoñen engadir catro pavimentacións en Aguiño á listaxe provisional do Plan POS

09 Xaneiro 2022

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu concelleiro e voceiro José Manuel Vilas, engadiu unha proposta-complemento á listaxe provisional de proxectos do Concello de Ribeira que aspiran ao Plan POS +2022, convocado pola Deputación da Coruña. As propostas do PSOE ao Plan de Obras e Servizos +2022 da entidade provincial serían as que citamos a continuación:

-Pavimentado e alumeado de camiño transversal na rúa Luís Seoane – rúa Castelao (cen metros lineais, Aguiño, referente 00389).

-Pavimentado e alumeado camiño transversal rúa Castelao – rúa Lagarto (en Aguiño, 115 metros lineais, marxe esquerda).

-Pavimentado e alumeado camiño primeira transversal rúa Castelao (00373, 70 metros lineais, Aguiño).

-Pavimentado e alumeado camiño transversal rúa Castelao (43 metros lineais 9086515MH9098N0001RY, Aguiño).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.