Os futuros traballadores forestais formados en Boiro comezan a vertente práctica da súa aprendizaxe

25 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro vén de confirmar que o alumnado traballador participante no Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns dispón xa do vestiario e a maquinaria específica para desenvolver as tarefas de formación práctica en espazos naturais, ao que se suman os equipos de protección individual. Estes equipamentos son precisos, segundo engade o Goberno local, para desenvolveren a formación prácticas das titulacións do obradoiro, que se levarán a cabo na contorna da finca do Pazo de Goiáns e noutras contornas naturais do termo municipal.

Como lembraremos, a formación deste obradoiro está dividida en dúas especialidades: por unha banda Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e, pola outra, Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

O alumnado participante recibe formación específica en xestión forestal, teórica e práctica, á vez que se forma en competencias xenéricas no desenvolvemento de habilidades e busca de emprego.

O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro, no que participan un total de 20 alumnos e alumnas divididos nas dúas modalidades, e que conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvención para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.