Os estaleiros xa poden optar ás axudas do Goberno para modernizar o sector, por valor de 20 millóns

07 Xaneiro 2022

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fixo este 6 de decembro un convite aos estaleiros e empresas navais de Galicia a que opten ás axudas do Goberno para a innovación no sector, unhas axudas que veñen cunha contía total de 20 millóns de euros anuais e que, nas súas palabras, suporán “un importante respaldo a un sector que é clave na recuperación da economía, e en particular da galega”.

O Goberno central vén de aprobar esta convocatoria de apoios dirixida a financiar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación que potencien a capacidade competitiva do sector da construción naval. Tal e como explicou José Miñones, “o obxectivo destas axudas é converter ao sector nun referente, potenciando a súa capacidade competitiva e diferenciación tecnolóxica”.

Estas axudas, que serán financiadas con cargo ao Fondo de Reestruturación do sector naval e sumaranse as contías do Plan de Recuperación, facilitarán “o desenvolvemento de proxectos que son innovadores e únicos, como os buques de apoio á enerxía eólica mariña, e nos situarán como líderes en diferentes segmentos sectoriais”, indicou o delegado do Goberno.

José Miñones subliñou tamén que “a contía anual supón un aumento do investimento do 25% respecto ao ano 2020, o que evidencia o compromiso deste Goberno cun sector estratéxico”.

O ámbito temporal para solicitar estas axudas, que poden acumularse coas outorgadas por calquera outra Administración Pública, comprende desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.