O vento non se presentou na primeira xornada da Liga de Cruceiros

17 Xaneiro 2022

Finalmente o vento non fixo acto de presenza na primeira xornada da Liga de Cruceiros. Despois dunha espera de máis de dúas horas nas inmediacións do porto pobrense, sede do Club Náutico Arousa Norte, o comité de regatas decidiu suspender esta primeira etapa pola ausencia case total de vento. A segunda etapa disputarase o sábado 29 con saída en Vilagarcía.

Ás 13:30, hora prevista para a saída, o comité de regatas anunciaba un adiamento indefinido ata que se desen as condicións para dar a saída á vintena de embarcacións inscritas para esta primeira manga da Liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022. A esa hora unha pequena brisa, duns 4 nós do nordeste, daba esperanza aos regatitas para a realización da proba, pero esa presión foi a menos e o esperado vento do sur que anunciaban os partes meteorolóxicos non deu chegado, circunstancia que levou ao comité a izar definitivamente o gallardete de intelixencia sobre Alfa, significativo de que non se celebraría a proba prevista para o día.

Como dixemos, a próxima manga será o sábado 29 baixo a organización do CN Vilagarcia, con saída prevista para as 13:30, onde as embarcacións inscritas realizarán un percorrido costeiro polo interior da ría de Arousa.

O cartel de favoritos preséntase moi amplo e variado, e calquera embarcación en liza pode levar as honras nunha liga que consiste en 6 probas con 1 descarte por embarcación, circunstancia que “abre aínda mais o abanico”, segundo informou o Club Náutico Arousa Norte.

Outros artigos

Porto do Son achega o seu apoio ao RC Celta de Vigo

Porto do Son súmase ao alento e apoio ao RC Celta de Vigo no seu soño de volver a competir en Europa a vindeira temporada.  Así, o Centro de Interpretación do Castro de Baroña loce desde este venres 23 de maio a bandeira do club galego como "mostra de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.