O Rotogal Boiro Voleibol visitará o San Sadurniño o mércores 9 de febreiro

25 Xaneiro 2022

M. A. O partido entre o San Sadurniño e o Rotogal Boiro Voleibol, correspondente á décimo terceira xornada da Superliga Masculina, celebrarase finalmente o mércores 9 de febreiro, ás 20.00 horas, no Pavillón Municipal de San Sadurniño. O encontro aprazouse o pasado 8 de xaneiro despois de que varios xogadores do conxunto local desen positivo por COVID-19.
O Rotogal Boiro Voleibol aínda deberá confirmar os horarios dos partidos aprazados contra o Unicaja Almería e o Teruel. Os da Cachada recibirán este sábado ao Conectabalear Manacor ás 19.00 horas no que será o primeiro partido despois do parón do Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.