O novo comedor do CEIP Santa Baia de Boiro xa está plenamente operativo a disposición do alumnado

25 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro informou de que xa está a disposición do alumnado o comedor do CEIP Santa Baia, nas propias instalacións do centro ensino. Segundo o Concello, a posta en marcha deste servizo viña sendo “unha actuación moi demandada pola comunidade educativa e os escolares”.

Finalmente converteuse en realidade grazas ao traballo conxunto do Goberno local (achegando o mobiliario preciso para a posta en marcha do comedor) e máis a Consellería de Cultura e Educación (levando a cabo as obras de ampliación no centro).

O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, María Outeiral, visitaron este martes 25 de xaneiro as instalacións para coñecer o resultado da actuación. “Esta obra era unha demanda de toda a comunidade educativa e que se puido levar a cabo mediante a colaboración das dúas administracións”, afirmou a concelleira María Outeiral.

Durante os dous últimos anos o Concello de Boiro subvencionou o transporte para o alumnado que se tiña que desprazar a diario ás instalacións do restaurante Chicolino ao non dispoñer de prazas suficientes no centro para todos os nenos e nenas que precisan dispoñer deste servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.