O Noia visita ao Ponteareas

29 Xaneiro 2022

A Terceira División xa vai collendo forma e a partir de agora cada partido é unha final para os
equipos que se atopan loitando por diferentes obxectivos. É o caso do Noia, que se atopa na
decimoquinta praza con 16 puntos a dous tan só da permamencia.
O seu rival desta xornada será o Ponteareas, que se sitúa un posto por riba dos noieses con
un punto máis. Trátase dun encontro de vital importancia para ambos cadros dada a
situación na que se atopan.
No encontro da primeira volta os de Iván Carril venceron por 3-1 nun partido no que foron
moi superiores, pero o fútbol é moi cambiante. O Noia vén de sufrir unha dura derrota fronte
ao colista na casa por 0-1 e o Ponteareas caeu en Vilalba por 2-0. O encontro
correspondente á xornada 21 terá lugar o domingo a partir das 16:30 horas no Estadio
Municipal de Pardellas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...