O luns comezan en Ribeira as obras para dotar de plataforma única á rúa Romero Ortíz

23 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira vén de confirmar que as agardadas obras para mellorar a seguridade e a mobilidade na rúa Romero Ortiz, un dos proxectos máis agardados pola veciñanza desta céntrica e histórica vía (que levan anos demandando beiras máis anchas, sistemas que calmen o tráfico de suba e de baixada e elementos que contribúan a humanizar unha rúa que semella deseñada para o servizo prioritario do tráfico rodado), darán comezo finalmente a partir deste luns 24 de xaneiro. Os traballos van destinados a “mellorar a súa accesibilidade a través da colocación dunha plataforma única, de tal xeito que vehículos e peóns circulen por unha mesma cota, pero con zonas diferenciadas, mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil”, sinalou o Concello.

Os traballos, que comportan un investimento de 119.790 euros, IVE incluído e forman parte do POS+ adicional 2/2020, van ser executados por Construcciones Anspal, S.L.

Dende o Consistorio detallan que o proxecto inclúe a substitución do aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito. Amais, a delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas terá lugar mediante bordos de granito. A obra abrangue dende a confluencia desta rúa co Malecón ata máis aló da rúa Cervantes.

Corte á circulación

Para o desenvolvemento das obras será preciso cortar dende o vindeiro luns a vía ao tráfico. Con tal motivo, aquelas vehículos autorizados a circular por Bandourrío só poderán entrar e saír polo cruce da rúa Manzanares coa estrada do Touro; en tanto que aqueles autorizados a entrar na rúa Galicia pola praza de Compostela deben facelo ou ben por Rosalía de Castro (accedendo dende a praza do Concello ou dende o Malecón) ou ben dende Cristóbal Colón, saíndo sempre por esta última vía. En canto ás rúas Cervantes e Pombal unicamente se permitirá o acceso a garaxes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.