O humor prosegue na Pobra co espectáculo Por vía oral, no Elma este domingo 23

Ao abeiro da axenda cultural configurada na Pobra para o inicio do presente ano, Dinamo Producións achegará ao Teatro Cine Elma o espectáculo Por vía oral. Será este 23 de xaneiro, ás 19.00 horas.

Trátase dunha función protagonizada por Pedro Brandariz e Ángela Triana que analiza o sistema sanitario actual dende un punto de vista humorístico.

Ao igual que as demais propostas que conforman a programación, está dirixida a maiores de 14 anos. A entrada é de balde e as reservas formalizaranse na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.