O firme da autovía a Noia que une Santiago e Brión será renovado

08 Xaneiro 2022

O firme da autovía AG-56, que une as localidades de Santiago e Brión, e da variante das Galanas será renovado a través dun investimento de 5,8 millóns de euros.

O proxecto, que tamén comprende a variante das Galanas, recibiu luz verde por parte da Xunta, titular da infraestrutura.

As obras comezarán na primavera e o orzamento da actuación será asumido pola concesionaria da autovía no marco do seu contrato, segundo sinala a Xunta nun comunicado.

Estes traballos prevense en toda a lonxitude da infraestrutura viaria. Efectuarase o fresado da capa de rodaxe actual e a reposición dunha nova capa que non será a definitiva, senón unha intermedia.

Unha vez cumprido este paso, realizarase unha avaliación estrutural das zonas que sigan presentando fisuras e neses puntos acometeranse rehabilitacións estruturais profundas do firme.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.