O Festival Olloboi de Boiro colabora na nova edición do certame Pequefilmes

19 Xaneiro 2022

Este mércores 19 de xaneiro presentouse en Santiago unha nova edición do Festival Pequefilmes, que, como se indica no seu nome, é un evento especificamente deseñado para os máis cativos da casa e que, ademais, aposta por reivindicar os pequenos formatos. A sexta convocatoria do festival virá con 80 curtametraxes de 20 países. Esta nova edición aposta por manter o formato híbrido estreado o ano pasado, por mor da pandemia. Así, combinarase o papel protagonista da Cidade da Cultura (que volverá ser o eixe principal de actividades) coa posibilidade de asistir ás proxeccións a través da Rede, en streaming. No capitulo de puntos máis destacados figura unha colaboración co Festival Olloboi de Boiro.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou no Gaiás as novidades desta sexta edición, acompañado do director do festival, Jorge Rivero, e da directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

O festival decorrerá nos días 29 e 30 de xaneiro con proxeccións en sala e en liña, apostando por manter o formato híbrido que iniciou o ano pasado.

Segundo fixeron saber, Pequefilmes “mantén a calidade e a variedade como bandeira da súa programación, con curtas de todos os xéneros, estilos e temáticas”.

Este ano aumenta tamén a presenza de pezas de imaxe real con respecto a outras edicións “porque queremos mostrar que do mesmo xeito que a animación pode ser tamén para un público adulto, o cinema infantil non se fai só con animación”, explicou Jorge Rivero.

Entre as curtas escollidas hai pezas seleccionadas e premiadas nos festivais máis importantes do mundo, como a española Vuela, nomeada ao Goya á mellor curta de animación 2021, dirixida por Carlos Gómez-Mira Sagrado e distinguida xa con 22 galardóns a nivel internacional. Tamén curtas como a francesa Migrants, tamén candidata aos Goya, premiada nos BAFTA Student Awards e en diversos festivais de Xapón, Estados Unidos e Europa; Tobi und der Turbobus, galardoada no Fantasia Film Festival e no Festival Clermont-Ferrand en 2021; ou Orgiastic Hyper-Plastic, premiada na MONSTRA de Lisboa e no Animafest Zagreb de Croacia, poderán verse nesta edición.

Canda elas estará a curta galega Atopando o Camiño, dirixida por Andrés Castro e María Fanjul. Esta curtametraxe, protagonizada polo alumnado do CEIP Parada-Campañó (Pontevedra) e candidata aos Mestre Mateo 2020, foi tamén seleccionada, entre outros, no Zinetxiki Zinemaldia (España), o TFM Online Film Festival (India) ou o Festival Internacional de Cine Joven de México 2021, onde gañou o Premio Especial da Sección Infantil e unha mención especial á mellor actriz para Laura Gómez Torres.

Colaboración co Festival Olloboi

Os alumnos e alumnas dos nosos centros de ensino galegos serán tamén os protagonistas, directores, produtores e guionistas da escolma de pezas que poderá verse, de balde, en dúas sesións especiais na mañá do día 30 de xaneiro grazas á colaboración entre Pequefilmes e o Festival de Cine Escolar Olloboi, impulsado dende Boiro. Nesta edición colaboran tamén con Pequefilmes o Festival Clermont-Ferrand, AGADIC e Gadis, que patrocina un dos premios do certame.

As entradas poranse á venda esta semana en Ataquilla.com e na billeteira do Museo Centro Gaiás para as sesións presenciais –a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión– e ao mesmo prezo para as sesións en liña na plataforma tv.Festhome, coa opción de adquirir tamén abonos para unha sección ou todo o festival.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...