O espectáculo Dous no camiño revisará no Elma as lendas xacobeas en clave de humor

24 Xaneiro 2022

Culturactiva Producións levará o seu espectáculo Dous no camiño ao Teatro Cine Elma no 30 de xaneiro, ás 19.00 horas. A función é un divertido achegamento ás lendas xacobeas, facendo especial fincapé nas raíces galegas das mesmas.

Nesta montaxe revísanse tres das máis populares: a do cabaleiro francés Roldán; a da barca de pedra de Muxía; e da translatio do Apóstolo Santiago a Compostela. Sempre en ton cómico, mais mantendo a esencia destas historias máxicas e con total respecto.

O Concello confirma que as persoas interesadas en asistir como público deben formalizar súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Esta actividade de balde adscríbese ao calendario cultural programado para o inicio deste 2022 con sesións destinadas a maiores de 14 anos. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.