O Concello de Noia traballa para dotar de ascensor á Biblioteca Municipal antes de que remate 2022

19 Xaneiro 2022

O Concello de Noia, a través do concelleiro de Cultura, Pepe Pérez, manifestou a súa firme intención de acadar para este ano que comeza a instalación dun ascensor na Biblioteca Municipal que solucione o principal problema de accesibilidade deste céntrico inmóbel.

Segundo fixo saber, este investimento engadiríase aos realizados nestes últimos anos para mellorar o servizo da Biblioteca, como o incremento do material dispoñíbel para os usuarios (700 volumes anuais), o aumento de número de horas semanais da apertura ou a dixitalización dos libros en préstamo.

A isto súmanselle os traballos para optimizar a climatización e o arranxo do lucernario levados a cabo na Casa da Cultura local, inmóbel onde tamén se atopa a Biblioteca.

Segundo fixo saber o edil, o proxecto para instalar o ascensor xa foi redactado polo arquitecto Iván Camba. Tamén dixo que se están a xestionar os permisos precisos coa Fundación Blanco Romero Monroy, propietaria do edificio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.