O Concello de Boiro recibe unha subvención do INEGA para a instalación dunha caldeira de biomasa na Piscina Municipal

28 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro vén de recibir unha subvención da Axencia Instituto Enerxético de Galicia para levar a cabo proxectos de enerxías renovábeis térmicas. O proxecto que se pretende levar a cabo é a instalación dunha caldeira de biomasa para as instalacións da Piscina Municipal.

O obxecto destas axudas é “apoiar proxectos coa finalidade do aforro enerxético e fomentar o uso racional das enerxías limpas coa instalación de elementos para xerar enerxía térmica mediante equipamentos que empreguen a biomasa como combustíbel e outras instalacións que empreguen como fonte de enerxía a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica”.

Con esta actuación está prevista a retirada da caldeira da gas existente antiga e de baixo rendemento para instalar un sistema de biomasa (pellets) de carga automática cun depósito de 2.000 litros para a almacenaxe da enerxía que xera a caldeira.

Para a execución deste proxecto o Concello de Boiro recibe unha subvención da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) por importe de 79.546,37 euros, mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020.

Dores Torrado e José Ramón Romero nunha visita recente á Piscina Municipal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.