O Concello de Boiro merca novo material urbano para substituír os equipamentos deteriorados

27 Xaneiro 2022

A Xunta de Goberno local de Boiro celebrada este mércores 26 de xaneiro deu luz verde á compra de mobiliario urbano para substituír o que se atope en mal estado e, tamén, equipar aqueles lugares que non dispoñen del. Entre as compras que se van realizar está o subministro de papeleiras, bancos e cinceiros.

O alcalde de Boiro nunha imaxe de arquivo dunha xuntanza telemática de traballo

O Concello de Boiro destina para o devandito un importe de 20.000 euros. O obxectivo é “humanizar as rúas e tamén de substituír aqueles elementos que se atopan en malas condicións ou en deterioro debido ao paso do tempo”, indicaron fontes do Consistorio.

O mobiliario adquirido son bancos, papeleiras e cinceiros, que se colocarán nas vindeiras semanas en diversos puntos do termo municipal. “Detectamos que a falta de papeleiras e outro mobiliario era acusada en moitos puntos, coa colocación destes elementos buscamos a humanización de rúas e principais núcleos de poboación”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...