O Concello de Boiro leva a cabo un obradoiro sobre trastornos de alimentación

O Concello de Boiro vai levar a cabo un obradoiro sobre trastornos de alimentación destinado á poboación xeral. A actividade vaise impartir o mércores 23 de febreiro, en horario de 16.30 a 20.30 horas no Centro Social da vila.

Segundo explican dende o Consistorio, os trastornos de alimentación son afeccións graves que se relacionan coas condutas alimentarias e que afectan á saúde e ás emocións. “O obxectivo desta actividade é informar sobre a sinais de alarma que indican cando pode existir un trastorno de alimentación e detectalo a tempo”, engade o Concello.

As inscricións poden facerse contactando co Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro no teléfono 981 84 48 00 ext. 1285 ou no enderezo electrónico cim@boiro.org e indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo electrónico e teléfono de contacto.