O Concello de Boiro financiará o reparto de árbores autóctonas para previr incendios forestais

26 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro está a impulsar a recuperación de árbores autóctonas con vistas a blindar os bosques locais e os núcleos de poboación dos estragos dos incendios forestais (tirando proveito das especies galegas a xeito de cortalumes ou devasas). Esta liña de traballo vén da man do Departamento de Medio Ambiente, que anunciou o financiamento da plantación de especies autóctonas nas franxas secundarias.

Landras na póla dun carballo

Así, o Concello repartirá de xeito gratuíto a todos aqueles propietarios e propietarias que o soliciten árbores autóctonas frondosas para repoboar as ditas franxas, entre as que se atoparán castiñeiros, carballos, loureiros ou sobreiras. Neste senso, dende o Consistorio informan de que “a lei obriga ás persoas propietarias destas fincas a telas limpas nunha franxa de cincuenta metros”. E engade o concelleiro Raúl Treus: “Estamos atopando que moitos propietarios non manteñen limpas as fincas polo que se xera maleza que dificulta as tarefas de protección e coidado dos incendios forestais”.

O concelleiro de Medio Ambiente tamén fai saber que “con esta iniciativa o que se busca é repoboar as fincas situadas nas franxas de protección para que se atopen nas mellores condicións e potenciar a protección contra os incendios”.

As persoas propietarias de parcelas situadas nas franxas secundarias interesadas en participar neste programa teñen que mostrar o seu compromiso de adhesión no departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro para formar parte da lista de agarda. A inscrición pode facerse de xeito presencial, a través do enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou o teléfono 981 37 75 85.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.