O Concello da Pobra renova a pista do Polideportivo da Tomada

13 Xaneiro 2022

O Concello da Pobra informou do remate dos traballos desenvolvidos recentemente no Polideportivo da Tomada enfocados a ofrecer aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade. Os labores consistiron na aplicación de resina en toda a pista co seu posterior repintado. Foron supervisados este 13 de xaneiro polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); e a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra).

A intervención, máis en detalle, consistiu na limpeza e no desengraxado da superficie obxecto da actuación, incluíndo o repaso de tódalas gretas, a aplicación dunha primeira man de imprimación para soportes non porosos, o acabado con pintura especial para canchas e máis marcaxe de todas as franxas dos diferentes campos. As tarefas foron executadas por Gilberto Pinturas e o investimento ascendeu a 18.150 euros, IVE incluído.

Dáselle así continuidade aos labores de mantemento no recinto coma os que comprenderon o pintado interior e traballos de impermeabilización.

Fixeron así fincapé nas diversas actuacións que se realizan no pavillón, as cales proseguirán cunha intervención xeral para intentar eliminar as infiltracións na cuberta, despois de que xa se executasen previamente outras actuacións puntuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.