O Cidade de Ribeira regálase unha vitoria no día de Reis

08 Xaneiro 2022


O Cidade de Ribeira abónase ao uncerismo. O cadro de Manuel Ángel volveu a vencer por terceira xornada consecutiva por 1-0, desta vez ante o Taragoña. Un gol de Anthony no minuto 27 foi suficiente para que os de Santa Uxía deixaran os tres puntos na casa e conseguir poñerse de novo líderes en solitario.
Comezaron moi ben os locais, con boa circulación de balón e atacando as espaldas da defensa rianxeira. Así, nos primeiros 15 minutos gozaron de bos achegamentos pero sen decidir no treito final. A máis clara tívoa Pedro, despois dunha xenialidade de Fran na frontal da área que filtrou un pase para o 3 do Cidade de Ribeira pero seu disparo foi ao centro da portería. Pouco despois chegaría o único tanto do encontro. Anthony recibiu no vértice do área e puxo o balón coa zurda for a do alcance de Marcos Rial. Puido sentenciar na primeira metade o Cidade de Ribeira, pero non estivo acertado nos últimos metros. Flori tivo que empregarse a fondo nun man a man para evitar o empate.
No segundo período notouse que ambos conxunto levaban apenas dous adestramentos no último mes por mor da covid, e convertiuse por momento nun ida e volta. Nos segundos 45 minutos debutou Yago Rivas, que nada máis entrar puxo un sensacional balón a Anthony que foi detido por Rial. Os últimos minutos o Taragoña tentouno con varias xogadas diretas, pero sen chegar a crear perigo real no treito final dun encontro no que os locais leváronse os
3 puntos diante dos centos de espectadores que se deron cita na Fieiteira.
Con este triunfo o Cidade de Ribeira volve a ser líder en solitario da Primeira Autonómica con 26 puntos, tres máis que o seu inmediato perseguidor, o Flavia. Este fin de semana terán xornada de descanso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.