O CEEPR AMICOS Celebra o “Día da Non Violencia e a Paz” en colaboración con cinco colexios da comarca

O Colexio de Educación Especial Amicos, situado en Oleiros (Ribeira), conmemorou hoxe o Día da Non Violencia e a Paz baixo o lema “Lanzamos as nosas botellas para crear un mar de desexos”. Cada 30 de xaneiro, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Coa participación do CEIP Castelao de Rianxo, o CPI Plurilingüe Eusebio Baleirón de Dodro, o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro de Lousame, o CEIP plurilingüe de Frións de Ribeira e o CP Marcos de Torniello de Avilés (Asturias), o CEEPR Amicos creou un gran mural conxunto. Para elo, todos os nenos e nenas escribiron mensaxes en un total de 318 botellas.


Todos os participantes teñen unha idade comprendida de entre 3 e 21 anos e puxeron nas súas botellas que conforman o mural palabras como: paciencia, respevto, tolerancia, amizade, compartir, amor, compañeirismo… Ademais, nalgunhas delas víronse frases como “No a la guerra”, “Que todos os días sexan días de paz”, “Difunde la paz mediante buenos actos”, entre outras.
Nuria Fernández García, a Responsable do CEEPR de Amicos, explicou que escolleron esta temática porque “parecíanos que cando alguén manda un mensaxe en una botella, quere que o desexo que en ela expresa chegue a outras persoas”. Engadiu: “Non sabes a onde chegará, nin quen a encontrará, pero estamos seguros de que quen a recibe, recóllea con ilusión”.
No Colexio de Educación Especial Amicos, os 18 nenos e nenas benefícianse dunha ensinanza adaptada as súas necesidades. Coa axuda dos profesionais aprenden a ser persoas independentes, focalizando a súa educación en adquirir habilidades da vida diaria sen esquecerse dos contidos académicos.