O capítulo de gasto social en Porto do Son medra nun 10%

27 Xaneiro 2022

A tenente de alcalde e concelleira de Facenda de Porto do Son, María Maneiro, debullou esta semana os orzamentos municipais para este ano. Fíxoo na radio municipal, poñendo o foco nalgúns dos detalles máis destacados dos investimentos programados. Así, destacou que a cifra dos orzamentos medrou nun 15% con respecto ao do exercicio anterior, alcanzando así os 10.213.573€. Segundo dixo, este incremento “débese fundamentalmente ao aumento de ingresos procedentes de tributos do Estado e a subvencións de Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e do Fondo de Desenvolvemento Rexional, que chegan aos 2.234.381€”.

Tamén salientou o incremento experimentado polo gasto social, do 10%, establecéndose a contía en 1.024.299€. A maiores, fixo fincapé e que o capítulo de investimentos programados increméntase nun 60%, cun importe total que ascende a 3.565.660€. Por outra banda, e recordando o compromiso do Concello coa cidadanía neste tempo de crise postpandémica, lembrou que na folla de ruta non se incluíu ningunha suba de impostos ou taxas municipais.

Principais actuacións

-Proxecto de eficiencia enerxética da iluminación pública 562.936€

-Reforma e ampliación do parque de xogos infantil de Porto do Son 339.584€

-Adecuación de pistas municipais 300.000€

-Mellora do bordo litoral da praia de Porto do Son 229.889€

-Humanización de rúas na parroquia de #Nebra 201.036€

-Saneamento en Maroño – #Goiáns 193.328€

-Humanización da rúa Santa Irene 179.286€

-Construción de beirarrúas de Coira a Freixedo 137.940€

-Dotación de saneamento á zona de Cans 119.213€

-Construción de beirarrúas de Eiravedra a O Pozo 109.989€

-Adquisición de terreos para o colexio de #Portosín 100.000€

-Fondo de Compensación Ambiental 100.000€

-Adquisición dun vehículo destinado a limpeza viaria 100.000€

-Pavimentación de camiños e recollida de pluviais en #Caamaño 93.178€

-Cambio de cuberta e mellora da accesibilidade na casa do concello 87.500€

-Saneamento no núcleo de Esparrelle, en Caamaño 87.500€

Outros artigos

Nicolás Blanco primeiro líder do galego de Wingfoil en Portosín

Juan Caballero (texto e imaxes). Tardou, pero entrou o vento tan desexado na ría de Muros e Noia, para poder iniciar o Campionato Galego de Wingfoil que ata este domingo 17 de maio organiza o Real Club Náutico Portosín en colaboración coa Xunta de Galicia, Concello do...

+

17 de maio: “Os libros das nosas Letras”

«MORGANA EN ESMELLE» Begoña Caamaño. Editorial Galaxia. 19, 50 Ive incluído Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.