O BNG reivindica este sábado a vixencia do legado de Castelao nun acto de homenaxe en Rianxo

12 Xaneiro 2022

O Bloque Nacionalista Galega vai celebrar este sábado 15 a súa homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha cita conmemorativa que a agrupación desenvolve anualmente con motivo do pasamento en Bos Aires do autor de Sempre en Galiza, en 1950. Farao na vila natal do ilustre galeguista, Rianxo, nun acto no que xa confirmou a súa participación a voceira nacional Ana Pontón, o alcalde da localidade, Adolfo Muíños, e a responsábel local do BNG, Mercedes Pimentel.

Será, indicaron fontes do BNG, unha nova oportunidade para reivindicar a vixencia do pensamento e a obra de Castelao, “sempre semente frutífera para o conxunto do nacionalismo galego e un guieiro para o BNG, polo que supuxo de entrega á defensa da nación e que Castelao mantivo ata a fin dos seus días, mesmo tendo que sufrir o exilio e a persecución por parte do fascismo español”, asegurou Lucía López Sobrado, da Área Nacional de Organización do BNG, nunha rolda de prensa en Rianxo na que tamén participaron o seu rexedor, Adolfo Muíños, e o responsábel comarcal no Barbanza, Luís Pérez Barral.

Logo de convidar á participación na homenaxe nacional (o sábado ás 12.00 horas, no paseo da Ribeira, diante do busto do ilustre nacionalista), López Sobrado subliñou que Castelao e o seu pensamento seguen vixentes na Galiza de 2022, “na que a defensa do pobo e das súas clases populares, a defensa da lingua e a cultura, a defensa dunha Galiza dona de si, próspera e xusta, é máis necesaria que nunca”. E engadiu: “Esta é a Galiza pola que traballamos no BNG e pensamos que a mellor maneira de honrarmos a Castelao é manter vivo o seu pensamento e o seu legado”.

Pola súa parte, Muíños subliñou que “Castelao é o pai da patria, o construtor da nación como o define unha recente biografía súa, e a súa vixencia é evidente”. Tamén salientou o papel despregado pola vila rianxeira na traxectoria vital, política e artística de Alfonso Daniel: “Rianxo é onde pasou unha parte moi importante da súa vida, un lugar de presencia constante na súa produción artística e, nese senso, esta homenaxe con motivo do aniversario do seu pasamento é unha cita obrigada para este concello no que a pegada de Castelao permanece ao longo do tempo nas rúas, nas edificacións, nas lembranzas familiares e persoais”.

Outros artigos

Conta atrás para o inicio, no Araño, do Festival Hórreo Vivo

Comezou a conta atrás para o inicio da edición 2025 do Festival Hórreo Vivo, que se celebra no Araño da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo. Serán, en palabras da organización, "dúas xornadas con moito humor, xantar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.