O BNG reclama á Xunta que se involucre na negociación colectiva da conserva para acadar un acordo

20 Xaneiro 2022

O BNG vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a “involucrarse activamente” para “que se poda conseguir un acordo o antes posíbel nas negociacións do convenio da conserva, comezando por realizar unha rolda de contactos coas partes negociadoras do mesmo”.

De igual xeito, reclama ao Goberno autonómico que despregue todos os seus medios e recursos para que as actuais negociacións do convenio “rematen definitivamente coa discriminación salarial de xénero agochada na segregación por sexos dos postos de traballo e as diferenzas retributivas entre persoal de produción, maioritariamente feminino, e o persoal de oficios, maioritariamente ocupado por homes”.

Para a portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, resulta “totalmente inxustificábel que a Xunta se desentenda e non mova un dedo para tratar de mellorar os dereitos laborais máis básicos de case 12.000 persoas en Galiza, das que máis de 9.500 son mulleres”. Ao fío do devandito, Pérez trasladou o apoio do BNG á folga convocada polos sindicatos maioritarios no sector para este venres 21 de xaneiro, “porque non ten explicación que, a estas alturas, o convenio teña que seguir negociándose en Madrid, a pesar de que máis do 80% das industrias conserveiras de todo o Estado están en Galiza”, polo que na batería de iniciativas que defenderá na Cámara tamén reclamará ao Executivo do PP que promova, de cara ao futuro, un convenio da conserva de ámbito galego.

A deputada nacionalista recalca que “o que tampouco ten explicación en pleno século XXI” é que sigan pendentes reivindicacións históricas como “a de desterrar definitivamente a discriminación salarial que se da nun sector formado maioritariamente por mulleres e que na práctica supón, por exemplo, unha diferenza de 850 euros ao ano entre as auxiliares de conserva mulleres e os axudantes homes”.

O Bloque recorda que o sector conserveiro “foi un dos poucos que saíu beneficiado durante a pandemia polo carácter esencial dos seus produtos”, incrementando as súas exportacións nun 15%, segundo os propios datos de ANFACO, e que “recibe dende hai anos millóns de euros en subvencións públicas, cun forte apoio do Goberno galego que, só neste ano 2022, incrementou nun 28% os seus orzamentos destinados á mellora da comercialización e apoio no investimento das industrias de transformación e comercialización”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.