O Barbanza Rugby Club volve contra o Pontevedra

14 Xaneiro 2022


O Barbanza Rugby Club arrancará este ano 2022 disputando un partido contra un dos equipos máis fortes da categoría, o Pontevedra Rugby Club. Os rianxeiros reciben na casa a un equipo que marcha terceiro na clasificación con catro vitorias en seis encontros.

Pola súa parte, o Barbanza R.C. segue sen coñecer o triunfo e actualmente ocupa a última praza da Primeira División Galega Masculina.

A medida que pasan as xornadas, os rianxeiros seguen mellorando a súa imaxe e xa son moitos os xogadores que debutaron e que seguen adquirindo cada vez máis capacidades para competir a un mellor nivel. O último encontro que disputou o Barbanza R.C. foi o pasado 19 de decemebro, con derrota ante o Kaleido Universidade de Vigo.
O partido correspondente á xornada 9 disputarase o domingo ás 11:00 no Municipal de Santa Lucía. Impartirá xustiza o colexiado Francisco Cobas Rodríguez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.